Álvaro Herves Fortes
Desta materia agardo mellorar a miña competencia cosa novas tecnoloxías que, se ben considero que non é mala, limítase a un nivel usuario, polo que sería preciso aprender como me pode axudar na miña tarefa como mestre. As TIC (ou mellor dito TTIC) son un elemento fundamental na educación hoxe en día, polo que pode ser un bo nexo de enlace coas novas xeracións (que cada vez comezan a súa andadura no mundo da tecnoloxía a idades máis temperás), procurando unha maior implicación e motivación pola súa parte. Todo isto debe ser realizado sempre dende a responsabilidade á hora de empregar estas ferramentas pois, se ben nos abre un abano de posibilidades, tamén pode conlevar ceertos perigos motivados por un uso inadecuado das mesmas. Vivimos nun mundo globalizado e cambiante, polo que a educación debe tamén facer os deberes e estar ó dia, buscando ir ó par da comunidade para fortalecerse mutuamente.