Preme na seguinte imaxe para a Webquest que vimos de crear sobre a despoboación. Agaradavos vos sexa de utilidade!
martes, 28 de abril de 2020
mércores, 8 de abril de 2020
Ferramentas TIC
Para a elaboración do noso libro de actividades interactivas multimedia empregáronse as seguintes ferramentas:
Imaxe extraída de: https://www.canva.com/es_es/
Canva: é unha ferramenta gratuita que permite realizar diseños gráficos dende presentacións ata folletos ou logotipos.O seu manexo é mais doado que con outras ferramentas e pode contribuir notablemente a calidade dos nosos recursos polo seu forte caracter visual que permite crear deseños moi atractivos. Esta tamén ofrece a posibilidade de suscribirse a plans de pago para mellorar algunhas funcionalidades: maior cantidade de imaxes, deseños, etc.
Imaxe extraída de: https://www.genial.ly/es
Genially: software en liña que posibilita a creación de elementos interactivos de maneira gratuita e sinxela. Esta ferramenta non require de coñecementos de programación nin deseño. Conta tamén cunha versión premium na que se poden mellorar algunhas función como a descarga ou os propios deseños. Dado ese carácter interactivo que mencionamos pode ser unha boa forma de chamar a atención da nosa audiencia
Imaxe extraída de: https://es.educaplay.com/
Educaplay: ferramenta gratuita e polivalente posto que permite crear diversas actividades interactivas como, preguntas tipo test, crucigramas, sopa de letras, adiviñas, mapas interactivos, ruleta de palabras, presentacións… Ademais de crear as túas propias actividades podes utilizar e aprender daquelas realizadas por outros usuarios. É unha ferramenta de fácil manexo, que inclúe ademais un vídeo tutorial explicando cómo elaborar cada tipo de actividade, polo que cremos que o seu uso é moi recomendable.
Imaxe extraída de: https://www.pictotraductor.com/
Pictotraductor: ferramenta gratuíta e de fácil acceso para traducir os teus propios textos ou frases en pictogramas. Ademais, ten a opción de escoitar estes mesmos textos a través dunha voz para adaptarse as diferentes capacidades de cada persoa. O único problema que se atopa é que non todas as palabras e traducir en pictogramas e, neste caso, só introducen a palabra escrita.
Imaxe extraída de: https://www.animaker.com/
Animaker: é unha ferramenta moi útil para a elaboración de vídeos animados. O único inconveniente que ofrece é a pouca variedade de elementos, pois a gran maioría requiren de pago. Sen embargo, cos elementos dispoñibles pódese elaborar, sen dúbida, un vídeo de bastante calidade sen necesitar de moitos coñecementos previos.
Libro de actividades interactivas multimedia
Velaquí o libro que creamos para a consecución do noso proxecto. Esperamos que vos sexa de utilidade!
luns, 6 de abril de 2020
Impresións previas sobre a materia
O inicio desta nova materia afróntoo con medo pero tamén con ganas. Por unha banda son consciente de que a tecnoloxía non é o meu punto forte pero ó mesmo tempo admito a importancia e a utilidade que ten hoxe en día no mundo educativo. Polo tanto, o meu obxectivo ademais de aprobar, é sobre todo aprender como poder aplicar a tecnoloxía na educación de modo que esta sexa un recurso didáctico innovador, entretido e eficaz.
Impresións previas sobre a materia
Esta materia paréceme moi interesante e imprescindible para o noso futuro tanto como docentes como para a nosa vida xa que a tecnoloxía acada un papel moi importante no noso día a día. Ademais penso que é esencial saber utilizalas adecuadamente xa que hai que ser conscientes dos riscos que existen nas redes e tamén, como futura mestra, debo saber transmitir estos perigos e aprendizaxes.
Sobre este blog
Este blog é unha iniciativa dun grupo de alumnos e alumnas estudantes do Grao en Educación Primaria cuxa finalidade e aportar o seu gran de area no ámbito educativo. Comprometidos co mundo no que vivimos, con moitos retos por diante, queremos ser a voz desa Galicia baleira, amosando como a escola pode axudar nun drama como é o da despoboación que está afectando a moitas zonas de España. A través del iremos amosando diferentes experiencias orientadas a traballar co alumnado neste eido.
Sobre os recursos educativos dispoñibles
Pareceume bastante interesante elexir este recurso chamado “Xeografía de Galicia: clima, vexetación e fauna” xa que resulta fundamental que os cativos/as coñezan o entorno no que viven e sexan conscientes da riqueza do seu patrimonio. Ademais, este material presenta a temática dun xeito orixinal incluindo actividades interactivas, mapas conceptuais, animacións, imaxes… que serven para facerlles chegar ós nenos/as dunha forma máis dinámica a información. Este recurso forma parte dos moitos que recolle o Proxecto Abalar da Xunta de Galicia.
O seguinte recurso é un cómic titulado “Vivir no solo” incluido, tamén, no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia. Posto que unhas das principais aficións que teñen os nenos/as nesta idade é a lectura dos cómics, pareceume unha boa idea expoñerlles a importancia que ten o coidado do solo mediante a historia que presenta este recurso. Ademais, a concienciación sobre os incendios forestais, que tanto afectan á nosa comunidade, ou sobre os efectos que producen no solo o emprego de diversos fertilizantes é esencial para perseguir un obxectivo fundamental dos nosos días, o coidado do medio ambiente.
Sobre os recursos educativos dispoñibles
O recurso “A poboación de Galicia” incluido no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia facilita a explicación dunha das problemáticas con maior peso que atravesa o conxunto do país e que afecta especialmente a Galicia que, como sabemos, conta cun rico e abundante medio rural. Estamos a falar da “España vaciada” a que últimamente se fai tanta referencia nos discursos dos nosos representantes políticos. O recurso inclúe, ó inicio, unha breve explicación sobre a poboación de Galicia facendo referencia á demografía, á distribución dos habitantes e os cambios que se produciron nas últimas décadas (emigración, éxodo rural, crecemento negativo da poboación…) Para aplicar estes coñecementos, o alumnado deberá realizar unha serie de actividades interactivas e unha tarefa final que ten como obxectivo investigar sobre o seu entorno máis próximo conseguindo así que os nenos/as aprendan sobre a importancia da conservación do rural e das tradicións que constitúen a nosa identidade.
É indubitable o valor didáctico que pode chegar a ter unha canción, por elo o recurso que decidín empregar para o proxecto foi unha das melodías que mellor representa a realidade da comunidade galega: “A Sementeira”. Mediante a escoita desta canción o alumnado poderá achegarse á nosa tradición musical ademais de ampliar o seu léxico do idioma galego. Con este recurso preténdese, tamén, concienciar ós rapaces/as sobre a importancia da nosa tradición rural, dos nosos antepasados e do emprego da nosa lingua.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

