xoves, 12 de marzo de 2020

Carta de presentación

Páxinas amigas

PIRULETAS. UNHA EDUCACIÓN SIN LÍMITES  




























Novidades



   O pasado mércores vivimos na nosa clase unha xornada apaixoante onde os nosos alumnos puideron observar como tradición e vangarda non están tan lonxe como elxs pensan. Durante as sesións de Lingua Galega e Literatura o noso alumnado puido ser testemuña dos avances máis recentes en tecnoloxía a través de Crumble, unha placa a que se poden conectar, por medio dun sofware propio, compoñentes electrónicos como interruptores, sensores de contacto, sensores de luz (LDR), sensores reflexivos ou LEDs. Coa finalidade de aproveitar a oportunidade para a noso proxecto, empregáronse unha serie de pictogramas que, grazas ao fío de cobre e á placa crumble, permitían escoitar anacos do poema 'Adios rios, adios fontes' da poetisa galega Rosalía de Castro (cuxo día foi conmemorado recentemente) tocando estes debuxos. Os pictogramas son, na nosa opinión, un xeito de lograr un aula máis inclusiva onde todo o mundo poda participar e desfrutar do que a tecnoloxía nos brinda, abrindo un abano de posibilidades no ámbito educativo e axudando ó alumnado con dificultades. Para realizar esta práctica tan só foi preciso o kit da placa crumble, un pouco de fio de cobre e os pictogramas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso experimento, esperamos que vos sexa de utilidade.







Álvaro, Marta e Iria (mestres de Educación Primaria)

Percorrido cara o noso tema

  A escolla deste tema vén motivada pola importancia dunha problemática que afecta especialmente a Galicia: a crise do mundo rural, un fenómeno que experimentamos dende fai uns anos. Estivemos debatindo sobre diferentes posibilidades pois queríamos traballar nun tema de actualidade que á súa vez estivese relacionado coa nosa comunidade. Finalmente, decantámonos por este tema posto que non é unha cuestión que adoite ocupar o tempo nas aulas pese a súa repercusión en aspectos do noso día a día como os servizos básicos (educación, sanidade, etc).

mércores, 11 de marzo de 2020

Sobre os recursos educativos dispoñibles



Tras facer unha revisión nos principais repositorios de recursos educativos (Espazo Abalar, Portal Educativo Extremadura, Educarm, CATEDU, EducaMadrid, Agrega) decanteime por escoller dous recursos, un incluído no Espazo Abalar e outro no Portal Educativo de Extrematura (Educarex).

    Respecto ó primeiro deles ( ‘Samaín’, do Espazo Abalar da Xunta de Galicia) a busca foi realizada nesta páxina debido a relación directa do tema coa nosa comunidade, polo que quixen atopar algo máis específico. Este recurso está ligado co eido cultural e o meu obxectivo era a posta en valor dun costume que, se ben adoita estar ligado ó mundo aglófono, tamén esta relacionado co noso pasado celta, sendo preciso que as novas xeracións teñan en conta isto para conservar unha parte de patrimonio inmaterial da nosa comunidade. Nel inclúense dende uns breves apuntamentos ata un repertorio variado de recursos para o alumnado


                                     

Doutra banda o segundo dos recursos (Naturaventura)  ten un caracter máis trasnversal pois está relacionado co ciodado da natureza, algo que non se cingue a unha comunidade ou lugar en particular. Ademáis, pareceume interesante o feito de que o alumnado se familiarizase coa temática a través dun videoxogo, recurso que ás veces queda no olvido nas aulas e que pode ser de gran utilidade. A través del pretendemos trasladar os alumxs a necesidade de preservar o noso entorno, recoñecido en moitas partes pola súa beleza e potencial e que moitas veces se atopa en perigo pola propia acción humana. No xogo o personaxe vai realizando un percorrido por un paisaxe natural onde se vai atopando con elementos e outras personaxes coas que, cun click, pode interactuar e coñecer á problemática á que se refiren e que lles concerne.



Arrimando o ombreiro



O noso proxecto “Ruralízate” ten como finalidade concienciar ós cativos/as sobre a importancia que ten o mundo rural e máis concretamente sobre o peso e a riqueza que constitúe o rural na conformación da nosa identidade como pobo. Para dito obxectivo procedeuse á elaboración dun poster onde se inclúen diversos recursos didácticos nos que o manexo tecnolóxico ten un protagonismo maior ao que adoita ter no funcionamento xeral da aula. Con elo pretendemos que os nenos/as aprendan doutro xeito máis achegado á realidade que están vivindo. Entre os recursos distínguense xogos interactivos, audiovisuais, presentacións con actividades e un cómic dixital. Todos eles conforman un amplo abanico sobre cuestións que están directamente relacionadas coa tradición e o rural de Galicia (de feito, gran parte deles foron obtidos a traves da plataforma da Xunta de Galicia). Así, os máis pequenos/as poderán informarse dun xeito dinámico sobre temas actuais e de vital interese como a despoboación, a contaminación do solo e da paisaxe, a biodiversidade (fauna, flora) e o folclore galego. 

Ademais, a maioría de estes recursos empregan o idioma galego de xeito que os nenos/as non só aprenderán sobre as cuestións anteriormente mencionadas pois ó mesmo tempo e de xeito case inconsciente estarán adquirindo e mellorando habilidades na fala e escritura do galego algo crucial a día de hoxe pois non é unha novidade o constante decrecemento que experimenta a nosa lingua, especialmente entre os máis cativos/as. 

Por todo elo, cremos que o noso poster pode ser de gran utilidade para a formación dos cativos/as do presente que nun futuro terán a plena responsabilidade de traballar por un mundo mellor.