Educando Galopíns
xoves, 19 de xaneiro de 2023
TEST FILOMENA DATO
COPIA E PEGA O SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER AO TEST
https://forms.gle/ELykQK44bqX4WoN38
luns, 14 de novembro de 2022
AUDIO GENIALLY
https://drive.google.com/file/d/1ntzM9rqtScPIpDTxHrm0ZNAlnHjJ-Nt7/view?usp=share_link
venres, 15 de maio de 2020
Ata pronto
Unha vez finalizado o cuatrimestre, considero esta materia como unha das máis esenciais deste curso posto que realízanse moitos proxectos empregando diferentes programas co fin de utilizalos no noso futuro como docentes. Ademais acadei moitos coñecementos que axudaron ó meu desenvolvemento e a miña mellora respecto ó emprego das tecnoloxías tan fundamentais no noso día a día en todos os ámbitos, e sobretodo no educativo, así como tamén o uso de diferentes programas. Non podería elixir entre as diferentes prácticas realizadas xa que considero que todas son moi diferentes, imprescindibles e interesantes, pero podo destacar a realización de recursos, o póster educativo e a WebQuest posto que me pareceron dinámicos, de gran utilidade na vida do alumnado nun futuro e moi adecuados para a súa adquisición de coñecementos co fin de despertar o seu interese por aprender e investigar.
Chegou a despedida
Unha vez rematado o trimestre podo afirmar que as tecnoloxías seguen sen ser a miña paixón pero hei de admitir a importancia e a utilidade que ten esta materia para a formación de futuros mestres e mestras. Grazas a ela, puiden dar cunha morea ferramentas que de seguro empregarei non só a nivel persoal senón tamén no meu futuro como docente. Ademais, penso que a realización do proxecto serviu para achegármonos máis a realidade da nosa profesión tendo que elaborar os nosos propios recursos didácticos; unha webquest, un póster interactivo, un audiovisual… Este último foi o que supuxo para nós un maior reto pola súa complexidade e polo nivel de manexo tecnolóxico que esixía , pero ao mesmo tempo é o recurso do que máis orgullosa me sinto porque, pese a frustración incial o resultado acadado foi moi satisfactorio. Xunto co vídeo, as actividades coas que máis disfrutei o proceso da súa realización foron o póster e a WebQuest polo peso que teñen nelas a creatividade e o deseño e polo seu gran compoñente didáctico. Todos estes recursos forman parte dun abanico de posibilidades á hora de levar a cabo unha sesión orixinal e entretida para os cativos.
mércores, 13 de maio de 2020
Un pouco máis preto da meta
Tras chegar ó final desta
experiencia podo afirmar sen lugar a dúbidas que esta será unha das materias de
referencia no meu futuro profesional dada a súa importancia. Vivimos nun mundo
globalizado no que a tecnoloxía ten un papel central, sendo a educación un dos
seus ámbitos de referencia no que esta non pode estar ausente. Logo de realizar
diversas tarefas e proxectos agora son máis consciente do abano de
posibilidades que nos ofrecen as TTIC, á vez que son quen de empregar novas
ferramentas que seguro me resultarán de gran utilidade. Especial relevancia lle
concedo o aprendido nesta materia no relativo á práctica docente pois moitas
veces temos constancia dos recursos ó noso alcance pero non sabemos como
introducilos no desempeño da nosa tarefa, polo que resulta fundamental unha
aproximación orientada á practica.
Así mesmo, nesta materia fun
quen de achegarme a un dos principais restos da sociedade galega: a
despoboación. Se ben xa tiña constancia desta problemática, agora teño moitos
máis datos que anteriormente e espero poder facer a miña contribución,
especialmente dende a educación. A última das cuestións que quería sinalar era
o traballo cooperativo, eixo de traballo ao longo do cuadrimestre e de gran
importancia no noso día a día. Coa axuda das miñas compañeiras Marta e Iria
puiden pasar longas xornadas de reflexión, debate e posta en común de ideas nun
ambiente agradable e afectuoso do que saio enriquecido. Sen dúbida esta
experiencia non tería sido igual sen a súa compañía!
O noso proxecto
Como colofón da nosa experiencia, presentámosvos o noso proxecto: a revista Ruralízate! Ao longo deste tempo tentamos facervos partícipes do seu proceso de elaboración, tomando boa nota daquelas suxerencias que nos ibades achegando. Esta pretende ser unha publicación de referencia no tocante a Galicia, os problemas do rural e o seu tratamento nas aulas. Neste primeiro número tentamos explicar como fumos elaborando o noso proxecto nunha serie de pasos que non son ó azar, senón que seguen a orde que cremos é a necesario neste tipo de propostas. Agardamos sexa de utilidade para todos aqueles que compartan as nosas inquedanzas e para o noso futuro. Forza, Galiza!
Primeiro número xa dispoñible! Estás a tan só un click de poder desfrutala
Primeiro número xa dispoñible! Estás a tan só un click de poder desfrutala
martes, 28 de abril de 2020
Webquest
Preme na seguinte imaxe para a Webquest que vimos de crear sobre a despoboación. Agaradavos vos sexa de utilidade!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

