venres, 15 de maio de 2020

Ata pronto

Unha vez finalizado o cuatrimestre, considero esta materia como unha das máis esenciais deste curso posto que realízanse moitos proxectos empregando diferentes programas co fin de utilizalos no noso futuro como docentes. Ademais acadei moitos coñecementos que axudaron ó meu desenvolvemento e a miña mellora respecto ó emprego das tecnoloxías tan fundamentais no noso día a día en todos os ámbitos, e sobretodo no educativo, así como tamén o uso de diferentes programas. Non podería elixir entre as diferentes prácticas realizadas xa que considero que todas son moi diferentes, imprescindibles e interesantes, pero podo destacar a realización de recursos, o póster educativo e a WebQuest posto que me pareceron dinámicos, de gran utilidade na vida do alumnado nun futuro e moi adecuados para a súa adquisición de coñecementos co fin de despertar o seu interese por aprender e investigar.

Chegou a despedida


Unha vez rematado o trimestre podo afirmar que as tecnoloxías seguen sen ser a miña paixón pero hei de admitir a importancia e a utilidade que ten esta materia para a formación de futuros mestres e mestras. Grazas a ela, puiden dar cunha morea ferramentas que de seguro empregarei non só a nivel persoal senón tamén no meu futuro como docente. Ademais, penso que a realización do proxecto serviu para achegármonos máis a realidade da nosa profesión tendo que elaborar os nosos propios recursos didácticos; unha webquest, un póster interactivo, un audiovisual… Este último foi o que supuxo para nós un maior reto pola súa complexidade e polo nivel de manexo tecnolóxico que esixía , pero ao mesmo tempo é o  recurso do que máis orgullosa me sinto porque, pese a frustración incial o resultado acadado foi moi satisfactorio. Xunto co vídeo, as actividades coas que máis disfrutei o proceso da súa realización foron o póster e a WebQuest polo peso que teñen nelas a creatividade e o deseño e polo seu gran compoñente didáctico. Todos estes recursos forman parte dun abanico de posibilidades á hora de levar a cabo unha sesión orixinal e entretida para os cativos.

mércores, 13 de maio de 2020

Un pouco máis preto da meta


Tras chegar ó final desta experiencia podo afirmar sen lugar a dúbidas que esta será unha das materias de referencia no meu futuro profesional dada a súa importancia. Vivimos nun mundo globalizado no que a tecnoloxía ten un papel central, sendo a educación un dos seus ámbitos de referencia no que esta non pode estar ausente. Logo de realizar diversas tarefas e proxectos agora son máis consciente do abano de posibilidades que nos ofrecen as TTIC, á vez que son quen de empregar novas ferramentas que seguro me resultarán de gran utilidade. Especial relevancia lle concedo o aprendido nesta materia no relativo á práctica docente pois moitas veces temos constancia dos recursos ó noso alcance pero non sabemos como introducilos no desempeño da nosa tarefa, polo que resulta fundamental unha aproximación orientada á practica.

Así mesmo, nesta materia fun quen de achegarme a un dos principais restos da sociedade galega: a despoboación. Se ben xa tiña constancia desta problemática, agora teño moitos máis datos que anteriormente e espero poder facer a miña contribución, especialmente dende a educación. A última das cuestións que quería sinalar era o traballo cooperativo, eixo de traballo ao longo do cuadrimestre e de gran importancia no noso día a día. Coa axuda das miñas compañeiras Marta e Iria puiden pasar longas xornadas de reflexión, debate e posta en común de ideas nun ambiente agradable e afectuoso do que saio enriquecido. Sen dúbida esta experiencia non tería sido igual sen a súa compañía!

O noso proxecto


         Como colofón da nosa experiencia, presentámosvos o noso proxecto: a revista Ruralízate! Ao longo deste tempo tentamos facervos partícipes do seu proceso de elaboración, tomando boa nota daquelas suxerencias que nos ibades achegando. Esta pretende ser unha publicación de referencia no tocante a Galicia, os problemas do rural e o seu tratamento nas aulas. Neste primeiro número tentamos explicar como fumos elaborando o noso proxecto nunha serie de pasos que non son ó azar, senón que seguen a orde que cremos é a necesario neste tipo de propostas. Agardamos sexa de utilidade para todos aqueles que compartan as nosas inquedanzas e para o noso futuro. Forza, Galiza!

                                             
          Primeiro número xa dispoñible! Estás a tan só un click de poder desfrutala



martes, 28 de abril de 2020

Webquest


Preme na seguinte imaxe para a Webquest que vimos de crear sobre a despoboación. Agaradavos vos sexa de utilidade!

mércores, 8 de abril de 2020

Ferramentas TIC



Para a elaboración do noso libro de actividades interactivas multimedia empregáronse as seguintes ferramentas:







Imaxe extraída de: https://www.canva.com/es_es/

Canva: é unha ferramenta gratuita que permite realizar diseños gráficos dende presentacións ata folletos ou logotipos.O seu manexo é mais doado que con outras ferramentas e pode contribuir notablemente a calidade dos nosos recursos polo seu forte caracter visual que permite crear deseños moi atractivos. Esta tamén ofrece a posibilidade de suscribirse a plans de pago para mellorar algunhas funcionalidades: maior cantidade de imaxes, deseños, etc. 



     
Imaxe extraída de: https://www.genial.ly/es

Genially: software en liña que posibilita a creación de elementos interactivos de maneira gratuita e sinxela. Esta ferramenta non require de coñecementos de programación nin deseño. Conta tamén cunha versión premium na que se poden mellorar algunhas función como a descarga ou os propios deseños.  Dado ese carácter interactivo que mencionamos pode ser unha boa forma de chamar a atención da nosa audiencia


Imaxe extraída de: https://es.educaplay.com/

Educaplay: ferramenta gratuita e polivalente posto que permite crear diversas actividades interactivas como, preguntas tipo test, crucigramas, sopa de letras, adiviñas, mapas interactivos, ruleta de palabras, presentacións… Ademais de crear as túas propias actividades podes utilizar e aprender daquelas realizadas por outros usuarios. É unha ferramenta de fácil manexo, que inclúe ademais un vídeo tutorial explicando cómo elaborar cada tipo de actividade, polo que cremos que o seu uso é moi recomendable.


Imaxe extraída de: https://www.pictotraductor.com/

Pictotraductor: ferramenta gratuíta e de fácil acceso para traducir os teus propios textos ou frases en pictogramas. Ademais, ten a opción de escoitar estes mesmos textos a través dunha voz para adaptarse as diferentes capacidades de cada persoa. O único problema que se atopa é que non todas as palabras e traducir en pictogramas e, neste caso, só introducen a palabra escrita.


Imaxe extraída de:  https://www.animaker.com/

Animaker: é unha ferramenta moi útil para a elaboración de vídeos animados. O único inconveniente que ofrece é a pouca variedade de elementos, pois a gran maioría requiren de pago. Sen embargo, cos elementos dispoñibles pódese elaborar, sen dúbida, un vídeo de bastante calidade sen necesitar de moitos coñecementos previos.

Libro de actividades interactivas multimedia


Velaquí o libro que creamos para  a consecución do noso proxecto. Esperamos que vos sexa de utilidade!




luns, 6 de abril de 2020

Impresións previas sobre a materia


     O inicio desta nova materia afróntoo con medo pero tamén con ganas. Por unha banda son consciente de que a tecnoloxía non é o meu punto forte  pero ó mesmo tempo admito a importancia e a utilidade que ten hoxe en día no mundo educativo. Polo tanto, o meu obxectivo ademais de aprobar, é sobre todo aprender como poder aplicar a tecnoloxía na educación de modo que esta sexa un recurso didáctico innovador, entretido e eficaz.

Impresións previas sobre a materia




    Esta materia paréceme moi interesante e imprescindible para o noso futuro tanto como docentes como para a nosa vida xa que a tecnoloxía acada un papel moi importante no noso día a día. Ademais penso que é esencial saber utilizalas adecuadamente xa que hai que ser conscientes dos riscos que existen nas redes e tamén, como futura mestra, debo saber transmitir estos perigos e aprendizaxes.

Sobre este blog


    Este blog é unha iniciativa dun grupo de alumnos e alumnas estudantes do Grao en Educación Primaria cuxa finalidade e aportar o seu gran de area no ámbito educativo. Comprometidos co mundo no que vivimos, con moitos retos por diante, queremos ser a voz desa Galicia baleira, amosando como a escola pode axudar nun drama como é o da despoboación que está afectando a moitas zonas de España. A través del iremos amosando diferentes experiencias orientadas a traballar co alumnado neste eido.

Sobre os recursos educativos dispoñibles


Pareceume bastante interesante elexir este recurso chamado “Xeografía de Galicia: clima, vexetación e fauna” xa que resulta fundamental que os cativos/as coñezan o entorno no que viven e sexan conscientes da riqueza do seu patrimonio. Ademais, este material presenta a temática dun xeito orixinal incluindo actividades interactivas, mapas conceptuais, animacións, imaxes… que serven para facerlles chegar ós nenos/as dunha forma máis dinámica a información.  Este recurso forma parte dos moitos que recolle o Proxecto Abalar da Xunta de Galicia.


 
O seguinte recurso é un cómic titulado “Vivir no solo” incluido, tamén, no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia. Posto que unhas das principais aficións que teñen os nenos/as nesta idade é a lectura dos cómics, pareceume unha boa idea expoñerlles a importancia que ten o coidado do solo mediante a historia que presenta este recurso. Ademais, a concienciación sobre os incendios forestais, que tanto afectan á nosa comunidade, ou sobre os efectos que producen no solo o emprego de diversos fertilizantes é esencial para perseguir un obxectivo fundamental dos nosos días, o coidado do medio ambiente.

Sobre os recursos educativos dispoñibles


  O recurso “A poboación de Galicia” incluido no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia facilita a explicación dunha das problemáticas con maior peso que atravesa o conxunto do país e que afecta especialmente a Galicia que, como sabemos, conta cun rico e abundante medio rural. Estamos a falar da “España vaciada” a que últimamente se fai tanta referencia nos discursos dos nosos representantes políticos. O recurso inclúe, ó inicio, unha breve explicación sobre a poboación de Galicia facendo referencia á demografía, á distribución dos habitantes e os cambios que se produciron nas últimas décadas (emigración, éxodo rural, crecemento negativo da poboación…) Para aplicar estes coñecementos, o alumnado deberá realizar unha serie de actividades interactivas e unha tarefa final que ten como obxectivo investigar sobre o seu entorno máis próximo conseguindo así que os nenos/as aprendan sobre a importancia da conservación do rural e das tradicións que constitúen a nosa identidade.



É indubitable o valor didáctico que pode chegar a ter unha canción, por elo o recurso que decidín empregar para o proxecto foi unha das melodías que mellor representa a realidade da comunidade galega: “A Sementeira”. Mediante a escoita desta canción o alumnado poderá achegarse á nosa tradición musical ademais de ampliar o seu léxico do idioma galego. Con este recurso preténdese, tamén, concienciar ós rapaces/as sobre a importancia da nosa tradición rural, dos nosos antepasados e do emprego da nosa lingua.


xoves, 12 de marzo de 2020

Carta de presentación

Páxinas amigas

PIRULETAS. UNHA EDUCACIÓN SIN LÍMITES  




























Novidades



   O pasado mércores vivimos na nosa clase unha xornada apaixoante onde os nosos alumnos puideron observar como tradición e vangarda non están tan lonxe como elxs pensan. Durante as sesións de Lingua Galega e Literatura o noso alumnado puido ser testemuña dos avances máis recentes en tecnoloxía a través de Crumble, unha placa a que se poden conectar, por medio dun sofware propio, compoñentes electrónicos como interruptores, sensores de contacto, sensores de luz (LDR), sensores reflexivos ou LEDs. Coa finalidade de aproveitar a oportunidade para a noso proxecto, empregáronse unha serie de pictogramas que, grazas ao fío de cobre e á placa crumble, permitían escoitar anacos do poema 'Adios rios, adios fontes' da poetisa galega Rosalía de Castro (cuxo día foi conmemorado recentemente) tocando estes debuxos. Os pictogramas son, na nosa opinión, un xeito de lograr un aula máis inclusiva onde todo o mundo poda participar e desfrutar do que a tecnoloxía nos brinda, abrindo un abano de posibilidades no ámbito educativo e axudando ó alumnado con dificultades. Para realizar esta práctica tan só foi preciso o kit da placa crumble, un pouco de fio de cobre e os pictogramas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso experimento, esperamos que vos sexa de utilidade.







Álvaro, Marta e Iria (mestres de Educación Primaria)

Percorrido cara o noso tema

  A escolla deste tema vén motivada pola importancia dunha problemática que afecta especialmente a Galicia: a crise do mundo rural, un fenómeno que experimentamos dende fai uns anos. Estivemos debatindo sobre diferentes posibilidades pois queríamos traballar nun tema de actualidade que á súa vez estivese relacionado coa nosa comunidade. Finalmente, decantámonos por este tema posto que non é unha cuestión que adoite ocupar o tempo nas aulas pese a súa repercusión en aspectos do noso día a día como os servizos básicos (educación, sanidade, etc).

mércores, 11 de marzo de 2020

Sobre os recursos educativos dispoñibles



Tras facer unha revisión nos principais repositorios de recursos educativos (Espazo Abalar, Portal Educativo Extremadura, Educarm, CATEDU, EducaMadrid, Agrega) decanteime por escoller dous recursos, un incluído no Espazo Abalar e outro no Portal Educativo de Extrematura (Educarex).

    Respecto ó primeiro deles ( ‘Samaín’, do Espazo Abalar da Xunta de Galicia) a busca foi realizada nesta páxina debido a relación directa do tema coa nosa comunidade, polo que quixen atopar algo máis específico. Este recurso está ligado co eido cultural e o meu obxectivo era a posta en valor dun costume que, se ben adoita estar ligado ó mundo aglófono, tamén esta relacionado co noso pasado celta, sendo preciso que as novas xeracións teñan en conta isto para conservar unha parte de patrimonio inmaterial da nosa comunidade. Nel inclúense dende uns breves apuntamentos ata un repertorio variado de recursos para o alumnado


                                     

Doutra banda o segundo dos recursos (Naturaventura)  ten un caracter máis trasnversal pois está relacionado co ciodado da natureza, algo que non se cingue a unha comunidade ou lugar en particular. Ademáis, pareceume interesante o feito de que o alumnado se familiarizase coa temática a través dun videoxogo, recurso que ás veces queda no olvido nas aulas e que pode ser de gran utilidade. A través del pretendemos trasladar os alumxs a necesidade de preservar o noso entorno, recoñecido en moitas partes pola súa beleza e potencial e que moitas veces se atopa en perigo pola propia acción humana. No xogo o personaxe vai realizando un percorrido por un paisaxe natural onde se vai atopando con elementos e outras personaxes coas que, cun click, pode interactuar e coñecer á problemática á que se refiren e que lles concerne.



Arrimando o ombreiro



O noso proxecto “Ruralízate” ten como finalidade concienciar ós cativos/as sobre a importancia que ten o mundo rural e máis concretamente sobre o peso e a riqueza que constitúe o rural na conformación da nosa identidade como pobo. Para dito obxectivo procedeuse á elaboración dun poster onde se inclúen diversos recursos didácticos nos que o manexo tecnolóxico ten un protagonismo maior ao que adoita ter no funcionamento xeral da aula. Con elo pretendemos que os nenos/as aprendan doutro xeito máis achegado á realidade que están vivindo. Entre os recursos distínguense xogos interactivos, audiovisuais, presentacións con actividades e un cómic dixital. Todos eles conforman un amplo abanico sobre cuestións que están directamente relacionadas coa tradición e o rural de Galicia (de feito, gran parte deles foron obtidos a traves da plataforma da Xunta de Galicia). Así, os máis pequenos/as poderán informarse dun xeito dinámico sobre temas actuais e de vital interese como a despoboación, a contaminación do solo e da paisaxe, a biodiversidade (fauna, flora) e o folclore galego. 

Ademais, a maioría de estes recursos empregan o idioma galego de xeito que os nenos/as non só aprenderán sobre as cuestións anteriormente mencionadas pois ó mesmo tempo e de xeito case inconsciente estarán adquirindo e mellorando habilidades na fala e escritura do galego algo crucial a día de hoxe pois non é unha novidade o constante decrecemento que experimenta a nosa lingua, especialmente entre os máis cativos/as. 

Por todo elo, cremos que o noso poster pode ser de gran utilidade para a formación dos cativos/as do presente que nun futuro terán a plena responsabilidade de traballar por un mundo mellor.


sábado, 8 de febreiro de 2020

Impresións previas sobre a materia


Álvaro Herves Fortes

     Desta materia agardo mellorar a miña competencia cosa novas tecnoloxías que, se ben considero que non é mala, limítase a un nivel usuario, polo que sería preciso aprender como me pode axudar na miña tarefa como mestre. As TIC (ou mellor dito TTIC) son un elemento fundamental na educación hoxe en día, polo que pode ser un bo nexo de enlace coas novas xeracións (que cada vez comezan a súa andadura no mundo da tecnoloxía a idades máis temperás), procurando unha maior implicación e motivación pola súa parte. Todo isto debe ser realizado sempre dende a responsabilidade á hora de empregar estas ferramentas pois, se ben nos abre un abano de posibilidades, tamén pode conlevar ceertos perigos motivados por un uso inadecuado das mesmas. Vivimos nun mundo globalizado e cambiante, polo que a educación debe tamén facer os deberes e estar ó dia, buscando ir ó par da comunidade para fortalecerse mutuamente.