Tras chegar ó final desta
experiencia podo afirmar sen lugar a dúbidas que esta será unha das materias de
referencia no meu futuro profesional dada a súa importancia. Vivimos nun mundo
globalizado no que a tecnoloxía ten un papel central, sendo a educación un dos
seus ámbitos de referencia no que esta non pode estar ausente. Logo de realizar
diversas tarefas e proxectos agora son máis consciente do abano de
posibilidades que nos ofrecen as TTIC, á vez que son quen de empregar novas
ferramentas que seguro me resultarán de gran utilidade. Especial relevancia lle
concedo o aprendido nesta materia no relativo á práctica docente pois moitas
veces temos constancia dos recursos ó noso alcance pero non sabemos como
introducilos no desempeño da nosa tarefa, polo que resulta fundamental unha
aproximación orientada á practica.
Así mesmo, nesta materia fun
quen de achegarme a un dos principais restos da sociedade galega: a
despoboación. Se ben xa tiña constancia desta problemática, agora teño moitos
máis datos que anteriormente e espero poder facer a miña contribución,
especialmente dende a educación. A última das cuestións que quería sinalar era
o traballo cooperativo, eixo de traballo ao longo do cuadrimestre e de gran
importancia no noso día a día. Coa axuda das miñas compañeiras Marta e Iria
puiden pasar longas xornadas de reflexión, debate e posta en común de ideas nun
ambiente agradable e afectuoso do que saio enriquecido. Sen dúbida esta
experiencia non tería sido igual sen a súa compañía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario