venres, 15 de maio de 2020

Chegou a despedida


Unha vez rematado o trimestre podo afirmar que as tecnoloxías seguen sen ser a miña paixón pero hei de admitir a importancia e a utilidade que ten esta materia para a formación de futuros mestres e mestras. Grazas a ela, puiden dar cunha morea ferramentas que de seguro empregarei non só a nivel persoal senón tamén no meu futuro como docente. Ademais, penso que a realización do proxecto serviu para achegármonos máis a realidade da nosa profesión tendo que elaborar os nosos propios recursos didácticos; unha webquest, un póster interactivo, un audiovisual… Este último foi o que supuxo para nós un maior reto pola súa complexidade e polo nivel de manexo tecnolóxico que esixía , pero ao mesmo tempo é o  recurso do que máis orgullosa me sinto porque, pese a frustración incial o resultado acadado foi moi satisfactorio. Xunto co vídeo, as actividades coas que máis disfrutei o proceso da súa realización foron o póster e a WebQuest polo peso que teñen nelas a creatividade e o deseño e polo seu gran compoñente didáctico. Todos estes recursos forman parte dun abanico de posibilidades á hora de levar a cabo unha sesión orixinal e entretida para os cativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario