luns, 6 de abril de 2020

Sobre os recursos educativos dispoñibles


  O recurso “A poboación de Galicia” incluido no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia facilita a explicación dunha das problemáticas con maior peso que atravesa o conxunto do país e que afecta especialmente a Galicia que, como sabemos, conta cun rico e abundante medio rural. Estamos a falar da “España vaciada” a que últimamente se fai tanta referencia nos discursos dos nosos representantes políticos. O recurso inclúe, ó inicio, unha breve explicación sobre a poboación de Galicia facendo referencia á demografía, á distribución dos habitantes e os cambios que se produciron nas últimas décadas (emigración, éxodo rural, crecemento negativo da poboación…) Para aplicar estes coñecementos, o alumnado deberá realizar unha serie de actividades interactivas e unha tarefa final que ten como obxectivo investigar sobre o seu entorno máis próximo conseguindo así que os nenos/as aprendan sobre a importancia da conservación do rural e das tradicións que constitúen a nosa identidade.



É indubitable o valor didáctico que pode chegar a ter unha canción, por elo o recurso que decidín empregar para o proxecto foi unha das melodías que mellor representa a realidade da comunidade galega: “A Sementeira”. Mediante a escoita desta canción o alumnado poderá achegarse á nosa tradición musical ademais de ampliar o seu léxico do idioma galego. Con este recurso preténdese, tamén, concienciar ós rapaces/as sobre a importancia da nosa tradición rural, dos nosos antepasados e do emprego da nosa lingua.


Ningún comentario:

Publicar un comentario