luns, 6 de abril de 2020

Sobre os recursos educativos dispoñibles


Pareceume bastante interesante elexir este recurso chamado “Xeografía de Galicia: clima, vexetación e fauna” xa que resulta fundamental que os cativos/as coñezan o entorno no que viven e sexan conscientes da riqueza do seu patrimonio. Ademais, este material presenta a temática dun xeito orixinal incluindo actividades interactivas, mapas conceptuais, animacións, imaxes… que serven para facerlles chegar ós nenos/as dunha forma máis dinámica a información.  Este recurso forma parte dos moitos que recolle o Proxecto Abalar da Xunta de Galicia.


 
O seguinte recurso é un cómic titulado “Vivir no solo” incluido, tamén, no Proxecto Abalar da Xunta de Galicia. Posto que unhas das principais aficións que teñen os nenos/as nesta idade é a lectura dos cómics, pareceume unha boa idea expoñerlles a importancia que ten o coidado do solo mediante a historia que presenta este recurso. Ademais, a concienciación sobre os incendios forestais, que tanto afectan á nosa comunidade, ou sobre os efectos que producen no solo o emprego de diversos fertilizantes é esencial para perseguir un obxectivo fundamental dos nosos días, o coidado do medio ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario