O pasado mércores vivimos na nosa clase unha xornada apaixoante onde os nosos alumnos puideron observar como tradición e vangarda non están tan lonxe como elxs pensan. Durante as sesións de Lingua Galega e Literatura o noso alumnado puido ser testemuña dos avances máis recentes en tecnoloxía a través de Crumble, unha placa a que se poden conectar, por medio dun sofware propio, compoñentes electrónicos como interruptores, sensores de contacto, sensores de luz (LDR), sensores reflexivos ou LEDs. Coa finalidade de aproveitar a oportunidade para a noso proxecto, empregáronse unha serie de pictogramas que, grazas ao fío de cobre e á placa crumble, permitían escoitar anacos do poema 'Adios rios, adios fontes' da poetisa galega Rosalía de Castro (cuxo día foi conmemorado recentemente) tocando estes debuxos. Os pictogramas son, na nosa opinión, un xeito de lograr un aula máis inclusiva onde todo o mundo poda participar e desfrutar do que a tecnoloxía nos brinda, abrindo un abano de posibilidades no ámbito educativo e axudando ó alumnado con dificultades. Para realizar esta práctica tan só foi preciso o kit da placa crumble, un pouco de fio de cobre e os pictogramas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso experimento, esperamos que vos sexa de utilidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario