mércores, 11 de marzo de 2020

Arrimando o ombreiro



O noso proxecto “Ruralízate” ten como finalidade concienciar ós cativos/as sobre a importancia que ten o mundo rural e máis concretamente sobre o peso e a riqueza que constitúe o rural na conformación da nosa identidade como pobo. Para dito obxectivo procedeuse á elaboración dun poster onde se inclúen diversos recursos didácticos nos que o manexo tecnolóxico ten un protagonismo maior ao que adoita ter no funcionamento xeral da aula. Con elo pretendemos que os nenos/as aprendan doutro xeito máis achegado á realidade que están vivindo. Entre os recursos distínguense xogos interactivos, audiovisuais, presentacións con actividades e un cómic dixital. Todos eles conforman un amplo abanico sobre cuestións que están directamente relacionadas coa tradición e o rural de Galicia (de feito, gran parte deles foron obtidos a traves da plataforma da Xunta de Galicia). Así, os máis pequenos/as poderán informarse dun xeito dinámico sobre temas actuais e de vital interese como a despoboación, a contaminación do solo e da paisaxe, a biodiversidade (fauna, flora) e o folclore galego. 

Ademais, a maioría de estes recursos empregan o idioma galego de xeito que os nenos/as non só aprenderán sobre as cuestións anteriormente mencionadas pois ó mesmo tempo e de xeito case inconsciente estarán adquirindo e mellorando habilidades na fala e escritura do galego algo crucial a día de hoxe pois non é unha novidade o constante decrecemento que experimenta a nosa lingua, especialmente entre os máis cativos/as. 

Por todo elo, cremos que o noso poster pode ser de gran utilidade para a formación dos cativos/as do presente que nun futuro terán a plena responsabilidade de traballar por un mundo mellor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario