Tras facer unha revisión nos principais repositorios de recursos educativos (Espazo Abalar, Portal Educativo Extremadura, Educarm, CATEDU, EducaMadrid, Agrega) decanteime por escoller dous recursos, un incluído no Espazo Abalar e outro no Portal Educativo de Extrematura (Educarex).
Respecto ó primeiro deles ( ‘Samaín’, do Espazo Abalar da Xunta de Galicia) a busca foi realizada nesta páxina debido a relación directa do tema coa nosa comunidade, polo que quixen atopar algo máis específico. Este recurso está ligado co eido cultural e o meu obxectivo era a posta en valor dun costume que, se ben adoita estar ligado ó mundo aglófono, tamén esta relacionado co noso pasado celta, sendo preciso que as novas xeracións teñan en conta isto para conservar unha parte de patrimonio inmaterial da nosa comunidade. Nel inclúense dende uns breves apuntamentos ata un repertorio variado de recursos para o alumnado
Doutra banda o segundo dos recursos (Naturaventura) ten un caracter máis trasnversal pois está relacionado co ciodado da natureza, algo que non se cingue a unha comunidade ou lugar en particular. Ademáis, pareceume interesante o feito de que o alumnado se familiarizase coa temática a través dun videoxogo, recurso que ás veces queda no olvido nas aulas e que pode ser de gran utilidade. A través del pretendemos trasladar os alumxs a necesidade de preservar o noso entorno, recoñecido en moitas partes pola súa beleza e potencial e que moitas veces se atopa en perigo pola propia acción humana. No xogo o personaxe vai realizando un percorrido por un paisaxe natural onde se vai atopando con elementos e outras personaxes coas que, cun click, pode interactuar e coñecer á problemática á que se refiren e que lles concerne.
Ningún comentario:
Publicar un comentario